ESTAMOS DE VOLTA

Esperamos que pasárades unhas moi boas vacacións de Nadal coas vosas familias e que os Reis Magos os trouxeran moitos agasallos. Pero agora estamos de volta con máis forzas que nunca!

Neste novo trimestre esperannos cousas moi entretidas como a festa de Don Bosco e Entroido. Como a semana que ven é a festa de Don Bosco, aquí vos deixamos algúns datos curiosos para que esteades preparados e o disfrutedes das actividades que realizaremos.


Don Bosco

A primeira festa do trimestre, por fin! Comenzamos o día cunha misa en honor a un dos nosos patróns, Don Bosco. Logo continuamos o día cunha sorpresa por parte do noso querido profesorado un scaperoom, unha actividade chea de misterio onde tivemos que dividirnos para resolver unha serie de códigos e finalmente descubrir o enigma. Ao regresar disfrutamos de tempo libre ata que finalmente nos fomos as nosas casas a disfrutar do fin de semana.


San Valentín

Aunque este día parece moi empalagoso, a realidade é que este día serve para celebrar o amor con todos e todas, sen importar o vinculo que teñas coa persoa.

Aunque moita xente crea que é o día das parellas esta celebración é moito máis que iso, San Valentín é un día no que debemos lembrar o amor as nosas familias, amigos e a nós mesmos. Sí, a nos mesmos pode parecer difícil e pouco habitual pero é imprescindible nomear este tipo de amor pois aínda que é un tipo que é moi falado hoxe en día moitos adoscelentes e adultos carecen de tenelo e olvídanse que é importantísimo para o noso desenvolvemento persoal.


O Entroido

Despois de pasar esta festa tan emocionante que celebramos , agora é tempo de festexar o Entroido, como xa se acerca imos a compartiros as actividades que o cole preparou para nós.

Moitos dos nosos compañeiros e compañeiras estaban a agardar por esta data tan especial xa que é un día no que nos disfrazaremos e desfilaremos cos novos significativos traxes todos xuntos por toda a mazá. Este ano os traxes están relacionados coa maxia, por iso cada unha das clases elexirá un complemento en relación con este tema, este ano nós os alumnos da ESO empregaremos a nosa creatividade para fabricar unha varita máxica segundo a nosa personalidade e gustos.

Planificación da festa

  1. Preparación dos traxes.
  2. Pensar e escoller os mandatos do Meco.
  3. Facer unha curta caminata ao redor do cole cos nosos super traxes.
  4. Disfrutar dos postres traidos polo alumnado.
  5. Xogar entre todos.

Día de Rosalía de Castro

O día 23 de febreiro é un día moi importante para nós como galegos, pois foi o día que naceu a nosa poetisa, Rosalía de Castro. Ela foi moi importante para a literatura galega, escribindo obras como Follas Novas, Cantares Galegos…

Para preparar o colexio para este día tan fermoso, estamos facendo carteis e murais para decorar todos os corredores, e nosos compañeiros de RadioBosco estan preparando un podcast moi emocionante sobre San Valentín e Rosalia de Castro que poderedes ver no apartado de RadioBosco. Nós tamén queremos conmemorar a esta marabillosa poetisa recordando algúns dos seus escritos.