PRIMEIRO BLOG
Ola, benvidos por primeira vez a BBB! Estamos moi felices de inaugurar esta nova sección.
Hoxe imos falar dos nosos obxectivos con este blog.
Déixovos saber que será un espazo libre e respectuoso para falar de todo o que queiramos. Primeiro, queremos resaltar o que aconteceu nestes últimos meses do curso….
Comezamos cos Bos Días, onde aprendimos que o día especial deste ano será o 9 de cada mes, coñecendo un pouco máis sobre a vida de sor Eusebia Palomino cos podcast dos nosos compañeiros/as de RadioBosco.
Continuamos coa xornada de orientación na que eliximos as nosas metas para o novo curso e cada aula elexiu aos seus delegados/as. Ademais, tivemos a gran sorte de ser os primeiros en visualizar o documental Canillitas, que nos mostrou unha perspectiva diferente da nosa sociedade.
Por último, pero non menos importante, celebramos o Samaín, unha festividade que se disfrutou moito e onde coidamos con ilusión dos máis pequenos.
Para rematar, presentámosvos as nosas seccións:
ADVENTO
Xa se achega o Nadal, traendo consigo as festas máis agardadas e emocionantes do ano. O venres pasado, axudamos aos máis necesitados recollendo alimentos no Froiz da Florida, e tamén desfrutamos do acendido das luces e das tradicionais atraccións. Por outra banda, comezamos con gran ilusión o camiño cara o Nadal e, con iso, as ansiadas vacacións que tanto esperamos…